Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Sábado, 19 de xaneiro de 2002 Páx. 762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 17 de decembro de 2001, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000367-1 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados de seguido áchanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000367-1.

Denunciado: Juan Carlos Santiago Rodríguez.

DNI: 33282442.

Enderezo: San Lázaro, 135, A Pobra do Caramiñal.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 35.000 pesetas/210,35 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000390-1.

Denunciada: María Victoria Martínez Corral.

DNI: 32655301.

Enderezo: avda. General Morgado, nº 29-2º B, Neda.

Precepto infrinxido: 5.3º.

Sanción: 5.000 pesetas/30,05 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000414-1.

Denunciada: Mª del Carmen Negreira Franco.

DNI: 52453436.

Enderezo: r/ Mariño de Ribeira, nº 10-4º dcha., Ribeira.

Precepto infrinxido: 6.12º.

Sanción: 25.001 pesetas/150,26 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000541-1.

Denunciado: Juan Carlos Santiago Rodríguez.

DNI: 33282449-T.

Enderezo: San Lázaro, 135, A Pobra do Caramiñal.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 35.000 pesetas/210,35 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000649-1.

Denunciado: José Ángel Requeijo Souto.

DNI: 32643154.

Enderezo: Sartaña, 83-1º, Ferrol.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 35.000 pesetas/210,35 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta «Tesouro da Facenda galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Recadación de multas e sancións», nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.

A Coruña, 17 de decembro de 2001.

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña