Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 5 de decembro de 2001, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se somete a información pública a concesión para a instalación e explotación dunha telecadeira denominada da Fonte Fría, situada en Manzaneda Estación de Montaña (Meisa).

Anuncio de información pública de solicitude de concesión de instalación e explotación dunha telecadeira na estación de esquí de Manzaneda, Ourense.

O presidente executivo de Manzaneda Estación de Montaña (Meisa) solicitou a concesión para a instalación e explotación dunha telecadeira denominado da Fonte Fría (cuatripraza de pinza fixa) coas seguintes características:

-Trazado de aliñación recta.

-Lonxitude de liña: 1.130 m.

-Desnivel: 173 m.

-Pendente media: 15,5%.

-Velocidade: 0/2,3 m/s.

-Rendemento: 2.000 p/h.

Polo que, en cumprimento do disposto no artigo 11 do Decreto 673/1966, do 10 de marzo, para a aplicación da Lei 4/1964, sobre concesión de teleféricos, anúnciase información pública para que no prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poidan as entidades e particulares interesados, logo de exame do proxecto e estudio de impacto ambiental no Servicio Provincial de Transportes, rúa Curros Enríquez, número 1 entresollado (teléfonos 988 37 17 60-61) en horario de oficina (de 9 a 14 horas), presenta-las alegacións que estimen oportunas.

Ourense, 5 de decembro de 2001.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Ourense