Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 620

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (631/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social, número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 631/2001, seguidos por instancia de Marcos Antonio Manteiga Montes contra a empresa José Manuel Vilas Barallobre, sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 18-12-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Marcos Antonio Manteiga Montes, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno a empresa José Manuel Vilas Barallobre, a que á súa elección, que ha de efectuar no prazo de cinco días, o readmita no seu posto e condicións de traballo ou o indemnice coa cantidade de 497.170 pesetas, con aboamento en todo caso dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a da notificación desta sentencia, e que ata a data ascenden á cantidade de 775.500 pesetas.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60.631.2001 do

Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 25.000 pesetas en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso, quedando firme a sentencia.

Así mesmo, advírtese á parte demandada de que, se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboarlle á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da actora.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Manuel Vilas Barallobre, expido e asino esta cédula na Coruña o 18 de decembro de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado