Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2002 Páx. 607

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio téxtil de Ourense.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo de comercio téxtil de Ourense (código

de convenio 3200145, publicado no BOP nº 154, do 6 de xullo de 2001), con entrada nesta delegación provincial o día 15 de outubro de 2001, acordando a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas salariais vixentes no convenio, subscrita con data 29 de setembro de 2001, polos integrantes da comisión paritaria do citado convenio.

Esta delegación provincial, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de novembro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Reunidos a comisión paritaria do convenio colectivo de comercio téxtil, acordan a adaptación a euros das cantidades que se reflicten nas táboas salariais vixentes do convenio colectivo arriba indicado, quedando como segue:

ANEXO I

Táboa salarial

Xefe de compra e encargado xeral 758,54 euros

Xefe de sucursal e xefe administrativo 678,09 euros

Xefe de sección mercantil 678,09 euros

Encargado de establecemento 651,74 euros

Vixilante 678,09 euros

Corredor de praza 651,74 euros

Dependente 647,28 euros

Dependente maior 711,97 euros

Axudante 566,36 euros

Xefe administrativo 758,84 euros

Xefe de sección administrativo 691,89 euros

Contable caixeiro 682,93 euros

Oficial administrativo 647,28 euros

Auxiliar administrativo 582,54 euros

Auxiliar de caixa 647,28 euros

Escaparatista 711,93 euros

Axudante de montaxe 582,54 euros

Persoal de oficio 582,54 euros

Mozo especializado 582,54 euros

Mozo 582,54 euros

Telefonista 582,54 euros

Empaquetadora 582,54 euros

Costureira 582,54 euros

Operador técnico 647,28 euros

Persoal de limpeza salario/hora 4,06 euros

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión asinando esta acta de acordo tódolos asistentes.

Ourense, 29 de setembro de 2001.