Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 596

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XESTIÓN URBANÍSTICA DE PONTEVEDRA, S.A.

CONVOCATORIA para a cobertura dun posto de responsable de departamento comercial.

Bases da convocatoria.

Obxecto.

A contratación dun licenciado en ciencias empresariais para desempeñar funcións de responsable da área comercial de Xestur Pontevedra por tempo indefinido, cun período de proba segundo o establecido legalmente.

Presentación de solicitudes.

As solicitudes deberanse presentar no rexistro xeral de Xestur Pontevedra, S.A., sita na praza Maruja Mallo, nº 1-1º, de Vigo, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e antes das 14 horas e tamén nun

diario de difusión xeral. Poden presentarse por correo certificado, sempre que se acredite que foron presentadas antes da finalización do prazo fixado.

Requisitos esixidos.

As bases da presente convocatoria e modelo de solicitude poderán recollerse nas oficinas de Xestur Pontevedra sitas en Vigo, praza Maruja Mallo nº 1-1º (teléfono 986 26 64 77) en horario de 9 a 14 horas, desde a data de publicación do presente anuncio.

Vigo, 7 de xaneiro de 2002.

Cesáreo Novoa Alcaraz

Xerente Xestur Pontevedra