Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 595

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO sobre modificación do PXOM.

Aprobación definitiva da modificación puntual nº 2/2001 do Plan xeral de ordenación municipal de Verín.

Para cumprir co disposto no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local e 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público a aprobación definitiva da modificación puntual nº 2/2001 do Plan xeral de ordenación municipal que, co quórum que esixe o artigo 47.3º i) da Lei de bases de réxime local e 215.2º i) da Lei de Administración local de Galicia, acordou o Pleno do Concello na súa sesión do 4-12-2001, recolléndose a continuación a parte dispositiva do acordo que se adoptou:

Primeiro.-Aprobar con carácter definitivo a modificación puntual nº 2/2001 do PXOM de Verín, segundo os termos nos que se atopa redactada. Abrangue esta aprobación definitiva tódolos docu

mentos, previsións e manifestacións que no referido documento figuran.

Segundo.-Publica-la aprobación definitiva da modificación do PXOM de Verín no Diario Oficial de Galicia e no BOP, inserindo neste último integramente o texto que proceda.

Terceiro.-Cumpri-las restantes previsións que establece o artigo 48 da Lei do solo de Galicia para que a aprobación definitiva da modificación do PXOM que se acorda sexa plenamente efectiva e eficaz.

Verín, 5 de decembro de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde