Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Urbanismo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: subministración (arrendamento financeiro con opción de compra e mantemento dunha copiadora-impresora para o Departamento de Urbanismo).

b) Lotes: non.

c) Lugar de entrega: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de entrega: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total: 46.278 euros á baixa.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento máximo sinalado.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Afonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Sociedades de arrendamento financeiro, bancos e caixas de aforros.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 15 días naturais contados desde o seguinte ó da data de publicación do anuncio no DOG.

No suposto que o último día do prazo de entrega fora sábado, o dito prazo considerarase prorrogado ata o día seguinte hábil.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Redondela.

Domicilio: Afonso XII, 2.

Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde o seguinte ó da apertura das ofertas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Afonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o seguinte día hábil, non sábado, a aquel no que finalice o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposición axustarase á correspondente cláusula do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 10 de decembro de 2001.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde