Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 586

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de outubro de 2001 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Júpiter III.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Júpiter III e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

A) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito de data 31 de agosto de 2001, José Manuel Besada Allo, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Júpiter III.

Segundo.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-la transmisión inter vivos a favor de José Manuel Besada Allo (35448735-P) e Delia Besada Allo (35459117-V), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Júpiter III.

Situación:

Cuadrícula nº: 117.

Polígono: A.

Distrito: Cambados (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 4-12-1963.

Remate da vixencia: 16-12-2003.

Actual titular:

José Manuel Besada Allo (35448735-P).

Novos titulares:

José Manuel Besada Allo (35448735-P).

Delia Besada Allo (35459117-V).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-Os novos titulares da concesión quedan subrogado nos dereitos e obrigas do anterior desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas y do procedemento administrativo común y o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 22 de outubro de 2001.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo