Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2002 Páx. 577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (reestructuración de expedicións, calendario e horarios) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7058; XG-432, A Coruña-Fisterra, con anexos, da titularidade da empresa Arriva Noroeste, S.L.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciose expediente de modificación concesional (reestructuración de expedicións, calendario e horarios) dentro da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7058; XG-432, A Coruña-Fisterra, con anexos, da titularidade da empresa Arriva Noroeste, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da docu

mentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes