Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Martes, 15 de xaneiro de 2002 Páx. 546

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico Becerreá para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 093-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, de aplicación segundo o establecido na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización admi

nistrativa das instalacións do parque eólico Becerreá coas seguintes características:

Peticionario: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., O Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos da Fonsagrada, Baleira, Becerreá e Navia de Suarna (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.651.000,00; 4.763.000,00), V(0.653.000,00; 4.758.500,00)

V(0.651.850,00; 4.756.000,00), V(0.655.000,00; 4.756.000,00)

V(0.657.800,00; 4.759.000,00), V(0.656.900,00; 4.764.400,00)

Superficie afectada: 3.829 ha.

Potencia bruta prevista: 39,6 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 20 de decembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo