Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PES-5/2001).

A Comisión de Goberno, en sesión do 28 de decembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o plan especial sobre o ámbito territorial sometido á Ordenanza de Transformación nº 7 E7.01 presentado por J. Manuel Mesejo Regueiro.

Segundo.-Proceder á exposición pública do expediente polo prazo dun mes, anunciándose así no Diario Oficial de Galicia e nos xornais de maior circulación da provincia».

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, Oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral de 12 a 14 horas, de luns a venres.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2002.

O alcalde

P.D.

Rubricado