Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para contratación da subministración sucesiva de marcapasos e electrodos para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto. (Expediente 94/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das

atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: contratación administrativa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Hospital Clínico Universitario, A Choupana, s/n, 15706. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 95 02 60. Fax: 981 95 09 85.

2. a) Modalidade de adxudicación: concurso aberto e ordinario.

b) Forma do contrato obxecto de licitación: subministración sucesiva.

3. a) Lugar de entrega: no almacén de subministración do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, planta -4ª do Hospital Clínico, ou nos lugares que o Servicio de Subministración determine.

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: subministración sucesiva de marcapasos e electrodos, estructurada en dezasete lotes. Véxase punto 9.2 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe: 574.513,92 euros (95.591.073 pesetas).

Duración: doce meses, desde o 1 de xaneiro de 2002 ou desde a data de sinatura do contrato, se fose posterior. Este contrato admite prórroga. Esta tramitarase de acordo co establecido na cláusula 2.3.2. do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

c) Licitación: á totalidade ou a un ou máis lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: segundo necesidades comunicadas polo Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-lo prego de condicións e os documentos complementarios: o que figura no punto 1.

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 1-2-2002.

c) Se é o caso, importe e modalidades de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: non.

6. a) Data límite de recepción de propostas: 7-2-2002.

En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deben redactarse: castelán e/ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, a partir das 10 horas do oitavo día natural contado a partir do último día de recepción de ofertas. En caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas.

Garantía provisional: si.

Importe total da garantía provisional: 11.490,28 euros (1.911.822 pesetas).

Importe da garantía provisional por lotes: véxase punto 11.3 da folla de especificacións.

Garantía definitiva: si, 4% do orzamento de licitación.

Importe total da garantía definitiva: 22.980,56 euros (3.823.644 pesetas).

Importe da garantía definitiva por lotes: véxase punto 12.2 da folla de especificacións.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencia ós textos que as regulan: mediante pagamentos parciais, con base nas entregas igualmente parciais da subministración, debidamente recibidas, facturadas e conformadas polo Servicio de Subministracións. A factura detallará o número de pedido, producto e cantidade subministrada.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la a unión de empresarios adxudicataria do contrato: o que establece o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que debe reuni-lo provedor: as condicións que se establecen no prego tipo de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas.

12. Prazo durante o que o licitador estará o obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, desde a data de apertura de proposicións.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato: segundo o punto 13 da folla de especificacións.

14. Se é o caso, prohibición de variantes: non se admiten variantes.

15. Información complementaria: ver servicio do punto 1.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: non se publica.

17. Data de envío do anuncio: 17-12-2001.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE):

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2001.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela