Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia a contratación do servicio de mantemento integral dos equipos electromédicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica e sistemas e compoñentes de esterilización do Complexo Hospitalario de Pontevedra, mediante concurso público e polo procedemento aberto e trámite anticipado de gastos. (Expediente C.P. 2/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 103, do 29 de maio) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, e coa autorización expresa prevista nesa regulamentación, resolve convoca-lo concurso público nº 002/2002.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Servicio Galego de Saúde. Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e Servicios Xerais. Unidade de Contratación Administrativa. Hospital Provincial, rúa Loureiro Crespo, nº 2. 36001 Pontevedra. Teléfono: 986 80 00 00 (extensión 77320 e 77309). Fax: 986 80 00 01.

Número de expediente: C.P. 002/2002.

2. Categoría do servicio e descrición.

Categoría 1: mantemento e reparación.

Descrición: servicio de mantemento integral dos equipos electromédicos, instalacións eléctricas de locais de práctica médica, e sistemas e compoñentes de esterilización do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Orzamento total máximo: trescentos sesenta e catro millóns, setecentas cincuenta mil (364.750.000) pesetas, 2.192.191,65 euros. Imposto valor engadido incluído, para un período de dous anos.

3. Lugar de execución: centros dependentes do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

4.a) Posibilidade de que, conforme as normas legais, regulamentarias ou administrativas, se reserve a prestación do servicio a unha determinada profesión: non.

b) Referencia á dita norma legal, regulamentaria ou administrativa:

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas deban indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio: si.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: o concurso repártese en cinco lotes que poden ser obxecto de licitación e adxudicación separadamente, versando sempre sobre a totalidade dos conceptos contidos no lote. No caso de licitar pola totalidade especificarase, en todo caso, a oferta de cada lote.

6. Prohibición de variantes: non se admiten variantes.

7. Duración do contrato e prazo para realiza-lo servicio: o prazo do contrato será de dous anos, aínda que poderá ser obxecto de prórroga por anos naturais, previo pacto expreso e durante a vixencia do contrato ou das súas prórrogas co límite contemplado no artigo 198 do TRLCAP.

8. a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse a documentación pertinente: o que figura no punto 1.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 1-2-2002.

c) Gastos de obtención dos ditos documentos e modalidades de pagamento: non.

9. a) Data límite de recepción de ofertas: 7-2-2002.

b) Persoas admitidas para asistiren á apertura de plicas: apertura en acto público.

c) Lugar, data e hora desta apertura: na sala de xuntas de Xerencia Xeral. Hospital Montecelo de Pontevedra, a partir das 10 horas do día 18-2-2002.

10. Garantías esixidas.

Provisional: o dous por cento sobre o importe da suma dos orzamentos de licitación dos lotes ós que concorra.

Definitiva: o catro por cento da adxudicación.

Constituirase segundo o disposto nos artigos 35 e 36 respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes: pagos mensuais en conta mediante transferencia bancaria, unha vez recibido o servicio e conforme co disposto no artigo 99 do TRLCAP.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: nos termos previstos no artigo 24 do TRLCAP.

13. Datos referentes a situación do prestador de servicios e datos e formalidades necesarias para avalia-las condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o prestador de servicios: as condicións que se establecen nos puntos 9.3 e 9.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións económicas.

15. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato por orde de importancia:

Metodoloxía e memoria técnica: 40 puntos (40%).

Oferta económica de acordo coa formulación: (40 puntosxoferta máis económica/oferta proposta): 40 puntos (40%).

Tempo de resposta: 10 puntos (10%).

Melloras achegadas: 10 puntos (10%).

Informatización do servicio (só aplicable as ofertas do lote nº 5), cunha puntuación máxima de 10 puntos.

16. Información complementaria: ver servicio indicado no punto 1.

17. Data de envío do anuncio: 17-12-2001.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Pontevedra, 3 de decembro de 2001.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Pontevedra