Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 495

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 8 de outubro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro. Esta dirección xeral

RESOLVE:

Aproba-las listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

A lista de aspirantes admitidos estará exposta nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución, para emenda-lo defecto que motivase a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.

Os aspirantes que non figuren na lista de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo, co obxecto de formular reclamación.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

NOMEDNIEXCLUSIÓN

ALONSO MEDIAVILLA, CARMEN1277398553

ALVAREZ VELOSO, MARCOS3499243821

CURA SAN JUAN, ALEJANDRO DEL7641186653,54

FERNANDEZ CIVEIRA, MARIA CRISTINA4446220255

GAGO GARCIA, JOSE DANIEL3334540551

GARCIA GARCIA, ROBERTO JOSE5070957255

GOMEZ PARDEIRO, VERA3332151010

GONZALEZ MARTINEZ, JOSE RAMON7693735621

NOMEDNIEXCLUSIÓN

LOPEZ MORAN, CRISTINA5316209255

LOPEZ SIERRA, JOSE ANTONIO3332386622

RODRIGUEZ CAAMAÑO, BENIGNO7879018353

RODRIGUEZ CAAMAÑO, MANUEL DOMINGOS3328991153

ROMERA GONZALO, JAIME1680990153

CAUSAS DE EXCLUSION

10 INSTANCIA FORA DE PRAZO

21 IMPORTE TAXAS INGRESADAS INFERIOR Ó ESTIPULADO

22 TAXAS ABOADAS FORA DE PRAZO

51 INSTANCIA INCORRECTA (FALTA DE SINATURA)

53 FALTA DO DNI OU DNI INCORRECTO

54 NON TER CUMPRIDOS OS 18 ANOS

55 NON CUMPRI-LO REQUISITO DE TITULACIÓN