Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Luns, 14 de xaneiro de 2002 Páx. 457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 17 de decembro de 2001 pola que se adscribe con carácter definitivo ó Instituto de Educación Secundaria número 3 de Arteixo (A Coruña) o profesorado que se relaciona.

Por Orde do 30 de xullo de 2001 (DOG do 30 de agosto) autorízase a posta en funcionamento do Instituto de Educación Secundaria número 3 de Arteixo por desdobramento do Instituto de Educación Secundaria Manuel Murguía de Arteixo.

Procede agora efectua-la adscrición con carácter definitivo, no Instituto de Educación Secundaria número 3 de Arteixo, do profesor do IES Manuel Murguía que fixo a correspondente opción.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Queda adscrito definitivamente no IES número 3 de Arteixo (A Coruña) a Wenceslao Fernández Mosquera, DNI 32398797, disciplina matemáticas e procedente do IES Manuel Murguía de Arteixo (A Coruña).

Segundo.-A adscripción a que se refire esta orde non suporá variación nin modificación da situación do profesorado nin dos dereitos que lles corresponden, e os servicios no centro computaranse desde a toma de posesión no instituto de procedencia.

Terceiro.-No título administrativo do interesado, a delegación provincial da consellería incluirá dilixencias nas que se faga consta-la posesión no novo instituto.

Cuarto.-A efectividade desta orde será do 1 de setembro de 2001.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO