Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2002 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto, con tramitación urxente, para a contratación da prestación do servicio de seguridade privada para as dependencias do Instituto Galego de Estatística.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de servicio suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

Dependencia que tramita o expediente: Servicio Técnico Xurídico e de Contratación.

Nº de expediente: 227.01/03.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: prestación do servicio de seguridade privada para as dependencias do IGE.

3. Prazo de execución: doce (12) meses.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

5. Orzamento base de licitación.

Importe total: 114.192,30 euros.

6. Garantías.

Provisional: 2.283,85 euros.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

7. Admisión de variantes: non se admiten.

8. Obtención da documentación e información.

Entidade: Negociado de rexistro do IGE.

Domicilio, localidade e código postal: complexo administrativo San Lázaro, San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, CP 15703.

Teléfono e fax. Teléfono: 981 54 13 21 e fax: 981 54 13 23.

Data límite de obtención da documentación: coincide coa data de presentación de ofertas.

9. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de oito (8) días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro do IGE, das 9 ás 14 horas ou nas oficinas de correos.

No caso de que as proposicións se envíen por correo, haberá que aterse ó disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través da Internet, no seguinte enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=907.

11. Apertura de ofertas económicas: o sexto día hábil seguinte ó de remate de presentación das proposicións, ás doce (12) horas nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

12. Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2002.

José Antonio Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística