Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 447

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 504/2001.

Non sendo atopados no domicilio coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución, nesta Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais de Pontevedra en Vigo, todo isto ó abeiro do establecido no artigo 18.2º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 504/2001.

Acta nº: 971/2001.

Empresa: Perdiar, S.L.

DNI/NIF: B-36240562.

Enderezo: Tiro Naval Janer, 23 36900 Marín.

Materia: laboral.

Proposta de sanción: 75.001 pesetas.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción; xustificante da notificación.

Vigo, 10 de decembro de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra