Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Venres, 11 de xaneiro de 2002 Páx. 446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 26 de decembro de 2001 pola que se recoñece unha Escola de Navegación de Lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto de 1998), establece o mecanismo para o recoñecemento das Escolas de Navegación de Lecer.

Solicitándose o dito recoñecemento por un centro, logo de realizado o procedemento establecido, procede recoñecelos e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como Escola de Navegación de Lecer nas categorías que correspondan o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica).

-Juan José Vidal Camiña, NIF 35244065-S, sito na rúa de San Isidro, 9-4º de Sanxenxo (Pontevedra), e coa denominación comercial Minso Escola Náutica, inscrita co nº XGEN016.

Artigo 2º

Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2001.

Enrique C. López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS