Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 226/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
En Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2001.
En nome de El-Rei.
Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 226/2001, seguida por unha falta de ameazas, no que foron parte como denunciante, Javier Conde Fiestras e como denunciado, Juan Carlos Conde Fiestras, pronunciou a seguinte sentencia.
Decido que debo absolver como absolvo a Juan Carlos Conde Fiestras, con declaración das custas de oficio.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña-Sección Sexta, con sede en Santiago de Compostela, no prazo de cinco días desde a súa notificación.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que conste e lles sirva de notificación de sentencia a Javier Conde Fiestras, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o dez de decembro de dous mil un.
O secretario
Rubricado