Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Mércores, 09 de xaneiro de 2002 Páx. 320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 26 de novembro de 2001, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas os prazos de ingreso en período voluntario e executivo, por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación, que se insire a continuación, non puideron ser atopados nos domicilios que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións polas persoas que a lexislación autoriza para se facer cargo delas, comunícase que: deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 00460101610040119748, do Banco Gallego, sucursal 0101, rúa Concepción Arenal nº 19, da Coruña, nos prazos sinalados no artigo 20 do Real decreto 1684/1990, do 20 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñer, no prazo de 15 días, desde o seguinte a esta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste e sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 26 de novembro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda

Cambón Díaz, Josefina32317484Asistencia sanitaria15-6-200137.166

Fernández Shephard, Fresa32404848 DNI padreAsistencia sanitaria19-8-200137.166

Fernández Shephard, Brezo32404848 DNI padreAsistencia sanitaria25-8-200137.166

Velez Henao, YamilethCc31583315 pasaporteAsistencia sanitaria15-7-200137.166

Andrade Díaz, Analia V.47381963Asistencia sanitaria20-23/7-2001227.762

Bitar Espejo, Juan DavidCc39650578 pasap.naiAsistencia sanitaria12-16/6-2001336.504

Marín, Blanca LucíaCc66872584 pasaporteAsistencia sanitaria19-7-2001, 6-8-200174.332

Arena, MauricioNa5087936k pasaporteAsistencia sanitaria18-5-200137.166

Martínez Babío, Juan Manuel7900711 pasaporteAsistencia sanitaria11-8-200137.166