De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos do Sindicato General de Trabajadores de Vilagarcía
de Arousa, ou Sindicato Xeral de Traballadores de Vilagarcía de Arousa, que abranguen os seguintes ámbitos.
Territorial: comarcal.
Profesional: tódolos traballadores afectados a calquera das actividades económicas incluídas na Clasificación Nacional de Actividades Económicas (C.N.A.E.), públicas ou privadas.
Asinan a acta de constitución: Miguel Ángel Cuña Casasbellas e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 21 de novembro de 2001.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra