De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).
Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.
Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n-5ª planta.
Nº de expediente: PESAN1 2000/000282-1.
Denunciado: Luis Ramón Martínez Castiñeiras.
DNI: 32401170N.
Enderezo: c/ Niño Jesús, 5-7-2º I, A Coruña.
Precepto infrinxido: 6.7º.
Sanción: 35.000 pesetas, 210,35 euros.
Resolución: desestimatoria confirmando a resolución recorrida.
De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 311.000.174/2 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina principal da Coruña, título da conta «Tesouro da Facenda Galega. Conta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicul
tura. Recadación de multas e sancións», nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria.
A Coruña, 5 de decembro de 2001.
María José Cancelo Baquero
Delegada territorial da Coruña
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS
LABORAIS