Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/367).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Aro.

Situación: Negreira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, de 917 m de lonxitude e conductor LA-56, coa orixe no apoio da L.M.T. de derivación a C.T. Braña, recuamento do C.T.I. de Aro de 50 kVA e conexión a baixa tensión. Concello de Negreira.

O expediente someteuse ós trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do real decreto, de 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, aproba-lo proxecto de execución e declarar de utilidade pública, en concreto, as devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no anteproxecto, e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación ós efectos do artigo 52 da Lei de expropiación.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 23 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións