Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 230

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/254-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, A Coruña.

Denominación: cambio tensión 10/20 kV núcleo urbano A Pobra.

Situación: A Pobra.

Descricións técnicas: cambio de tensión a 20 kV de instalacións eléctricas e actualización de potencia dos seguintes centros de transformación da Pobra: C.T. campo feira, 400 kVA (expediente 50680); C.T. Pobra, 1.000 kVA (expediente 60042); C.T. avda. Calvo Sotelo, 400 kVA (expediente 95/58); C.T. Lápido, 630 kVA (expediente 25509); C.T. Xunqueira 400 kVA (expediente 27459); C.T. Areal, 400 kVA (expediente 60042); C.T. Cabío, 160 kVA (expediente 51333); C.T. Devesa, 160 kVA (expediente 27254); C.T. San Roque, 100 kVA (expediente 6533); C.T. Telefónica, 100 kVA (expediente 29295); C.T. Depuradora 160 kVA (expediente 51680); C.T. Herrera, 250 kVA (expediente 29230); C.T. Xofre, 160 kVA; C.T. Albacora, 1.000 kVA; C.T. Escurís, 630 kVA; C.T. Fricosa, 630 kVA. A Pobra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 21 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións