Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Martes, 08 de xaneiro de 2002 Páx. 217

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do 19 de decembro de 2001, do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001.

Con base no artigo cuarto da Resolución do 19 de novembro de 2001, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 229, do 27 de novembro), o tribunal da categoría ATS/DUE, xulgador do proceso selectivo convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001, adoptou acordo do 19 de decembro de 2001 polo que se lle dá publicidade á reclamación interposta por diversos aspirantes contra o definitivo cadro de respostas ó segundo exercicio da fase de oposición do citado proceso selectivo.

Polos efectos de carácter xeral que poidan derivar da tramitación da citada reclamación, cómpre darlle publicidade ó citado acordo.

Con base no antedito, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde

RESOLVE:

Único.-Publica-lo acordo do tribunal para a categoría de ATS/DUE do 19 de decembro de 2001, que a seguir se transcribe literalmente.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Acordo do 19 de decembro de 2001, do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría ATS/DUE de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001

O artigo cuarto da Resolución do 19 de novembro de 2001, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, dispón: «os interesados poderán presentar reclamación perante o tribunal no prazo de cinco días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación».

Con base na citada disposición, Gonzalo Filgueira Rodríguez e María Rosa Pérez Resúa formularon

reclamación contra o definitivo cadro de respostas ó segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 e, en concreto, contra a resposta dada como válida á pregunta nº 62.

Polo alcance xeral dos efectos da resolución que se derive da súa tramitación sobre a puntuación dos aspirantes que participaron no citado exercicio, o tribunal acordou necesario abrir un período de alegacións de dez días, contados a partir da publicación oficial deste acordo, para que os interesados que así o consideren poidan comparecer na sede da División de Recursos Humanos do Sergas, á vista do expediente tramitado, e alega-lo que coiden conveniente en defensa dos seus intereses ou achega-la documentación que consideren oportuna.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001. Francisco López Rois. Presidente do tribunal.