Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste Concello, en sesión ordinaria do 28 de novembro, o prego

de condicións administrativas particulares que rexerá na contratación do servicio de limpeza do centro de saúde, casa do concello, edificio da antiga cámara agraria, CEIP e conserxería e limpeza do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade, polo procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido polo artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente o concurso de referencia, ben que a licitación quedará aprazada no suposto de producirse reclamacións contra o devandito prego, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Riotorto.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

Prestación dos servicios de limpeza do centro de saúde, casa consistorial, edificio da antiga cámara agraria, CEIP e conserxería e limpeza do centro sociocultural, xuvenil e da terceira idade.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Duración do contrato: un ano prorrogable por anualidades sucesivas, segundo dispón a cláusula 5 do prego.

5. Orzamento base de licitación: vintesete mil (27.000) euros anuais, IVE incluído.

6. Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación.

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Obtención de documentos e información: Concello de Riotorto, praza das Rodrigas, nº 1, 27744 Riotorto (Lugo), telf.: 982 34 62 22.

8. Lugar e prazo de presentación das proposicións:

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Riotorto das 9 ás 14 horas durante o prazo de quince días naturais, contado desde a última publicación do presente anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

9. Documentación a presentar: a sinalada na cláusula 15 dos pregos.

10. Apertura das ofertas: a apertura de proposicións celebrarase en acto público na casa do concello ás 12 horas do día seguinte hábil ó de finalización do prazo de presentación de proposicións; se este fose sábado realizarase o seguinte día hábil.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Riotorto, 30 de novembro de 2001.

José López Cabodevila

Alcalde