Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 181

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-98/2001, incoado por infracción da Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no

anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispón o interesado dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto), e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 13 de novembro de 2001.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-98/2001.

Denunciado: José Manuel Salgado Lloves.

DNI: 34597360.

Enderezo: r/ Bos Aires, nº 99-4º esqda. Ourense.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca fluvial en día inhábil (luns non festivo). Feitos constatados o día 25-6-2001, ás 11 horas no encoro de Belesar-río Miño. Santo Estevo de Ribas de Miño-O Saviñao. Lugo.

Precepto sancionador.: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación da sanción: leve.

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).