Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 180

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-C-00/137 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución, dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio Técnico Xurídico, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 8 de novembro de 2001.

Jose Luis Díez Yánez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: caza P-C-00/137.

Denunciado: Juan Jorge Couso García.

Domicilio: Santa Lucía, rúa 1-71, Saiáns (Moraña).

DNI: 35305407.

Feitos denunciados: cazar nun couto ser permiso, en zona de seguridade e unha zona de adestramento de cans.

Data do acordo de incoación: 5-2-2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 14-8-2001.

Precepto infrinxido: artigo 48, puntos 1º, 27º e 33º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 150.000 pesetas (901,52 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela durante un ano e un día.

Expediente: caza P-C-00/172.

Denunciado: Teodoro Bargiela Martínez.

Domicilio: A Devesa, 38, Salceda de Caselas.

DNI: 35565015.

Feitos denunciados: cazar sen leva-la documentación preceptiva, sendo titular dela (guía de pertenza da escopeta).

Data do acordo de incoación: 16-4-2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 14-8-2001.

Precepto infrinxido: artigo 57.4º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG nº 133, do 11 de xullo).

Sanción: 10.000 pesetas (60,10 euros).

Expediente: caza P-C-00/179.

Denunciado: Jose Carlos González González.

Domicilio: rúa Bueu, 48 baixo F, Vigo.

DNI: 36003810.

Feitos denunciados: cazar sen autorización en zona acoutada.

Data do acordo de incoación: 10-4-2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 14-8-2001.

Precepto infrinxido: artigo 58.27º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante 1 ano e 1 día.

Expediente: caza P-C-01/16.

Denunciado: Gonzalo Piñeiro Fernández.

Domicilio: A Sobreira, 10, Valadares, Vigo.

DNI: 36035111.

Feitos denunciados: cazar unha zona de seguridade, vía pública denominada Camiño As Valadas, Valadares, próxima a vivendas (a menos de 50 m).

Data do acordo de incoación: 3-5-2001.

Alegacións á incoación: non presenta.

Data da proposta de resolución: 18-9-2001.

Precepto infrinxido: artigo 58.33º da Lei 4/1997, de caza de Galicia (DOG 133, do 11 de xullo).

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 100.001 pesetas (601,02 euros).

Inhabilitación: retirada da licencia e inhabilitación para obtela durante 1 ano e un día.