Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/482).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de ins

talacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Gayoso, S.L.

Domicilio social: Casais, 20, Vimianzo.

Denominación: L.M.T. para complexo turístico Aldea Madeira.

Situación: Camariñas.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 375 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte da L.M.T. a Lamastredo e final no C.T. aéreo de Aldea Madeira de 50 kVA. Concello de Camariñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 22 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións