Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2002 Páx. 177

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que fai pública a adxudicación de varios contratos de servicios.

En cumprimento do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlles publicidade ás adxudicacións que se identifican a seguir:

-Contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense (expediente 2/2001SE)

Adxudicatario: Serramar, S.L.

Orzamento: 16.675.000 pesetas.

-Contratación do servicio de vixilancia-seguridade do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo (expediente 3/2001SE).

Adxudicatario: Prosega.

Orzamento: 14.374.684 pesetas.

-Contratación do servicio de limpeza do Centro Residencial Docente (CRD) e IESP de Ourense (expediente 4/2001SE).

Adxudicatario: Maconsi, S.L.

Orzamento: 34.129.154 pesetas.

-Contratación do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Ourense dependente desta consellería (expediente 5/2001 SE).

Adxudicatario: Samyl, S.L.

Orzamento: 30.930.055 pesetas.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2001.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria