Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 222/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:
«En Santiago de Compostela, vintecinco de setembro de dous mil un.
En nome El-Rei.
Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza de instrucción, tendo visto e oído en xuízo oral e público esta causa de xuízo de faltas 222/2001, seguida por unha falta de furto, no que foron parte, ademais do Ministerio Fiscal, María José Ares Rodríguez, denunciante e, como denunciada Laura Liñares Castiñeiras, pronunciou a seguinte sentencia:
Decido que debo absolver como absolvo a Laura Liñares Castiñeiras, con declaración das custas de oficio.
Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña -Sección sexta, con sede en Santiago de Compostela-, no prazo de cinco días desde a súa notificación.
Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».
E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Laura Liñares Castiñeiras, actualmente en paradoiro descoñecido e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vintesete de novembro de dous mil un.
O secretario
Rubricado