Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 132

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Carballeda de Avia para a xestión, liquidación, inspección e recadación do imposto de actividades económicas, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 30 de novembro de 2001.

O presidente

Rubricado