Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 125

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/256-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Zeltia-Cooper-Zeltia-Lourambal.

Situación: O Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 920 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio que se vai colocar en substitución do N. D20/7 da L.M.T. existente ós CC.TT. Zeltia Cooper e Welcom Biofarma, alimentando en bucle ó C.T. que se proxecta Lourambal, rematando no C.T. existente, que se vai reformar, denominado polígono Torneiros, con concello do Porriño. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. Reforma C.T. Polígono Torneiros cun conxunto de celas compactas SF6. R.B.T. aérea, de 65 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., desde o C.T. Lourambal, R.B.T., subterránea, de 145 m de lonxitude, con conductor R.V., desde o C.T. Lourambal.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 16 de novembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra