Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 113

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (166/2001).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 166/2001 se acordou citar a Alberto García Fernández e a Imerio García Agra, en calidade de denunciados, co fin de que o vindeiro día doce de marzo de dous mil dous comparezan ante a sala de audiencia deste Xulgado de Arzúa, sito na rúa Lugo, núms. 45 e 47, co fin de asistir ó correspondente xuízo; deberán comparecer con tódolos medios de proba de que intenten valerse e, concretamente, co recibo de seguro en vigor do vehículo C-7686-AM, con data do 25 de febreiro de 2001.

E para que conste e lles sirva de citación a Imerio García Agra e a Alberto García Fernández, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa o vinteoito de novembro de dous mil un.

O secretario

Rubricado