Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 112

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2001 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a María Teresa Sánchez Castaño (praza 1785/2000).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 28 de novembro de 2000 (BOE do 21 de decembro) para a provisión dunha praza de profesora titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, a María Teresa Sánchez Castaño e tendo en conta que a interesada cumpre os requisitos a que alude o número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Teresa Sánchez Castaño, profesora titular de universidade da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, do departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela