Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 111

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 19 de decembro de 2001 pola que se comunica a publicación das puntuacións definitivas do baremo aberto o 29 de outubro do 2001 (Diario Oficial de Galicia do 6 de novembro) para prazas de interinidades e substitucións en especialidades do corpo de profesores de ensinanza secundaria, profesores técnicos de formación profesional e profesores de escolas oficiais de idiomas.

Finalizado o prazo de presentación de reclamacións á lista provisional de admitidos e excluídos publicada o día 28 de novembro, segundo anuncio de 23 de novembro de 2001 e unha vez resoltas estas.

Esta dirección xeral acorda proceder á publicación das listas definitivas, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e das delegacións provincias.

Contra estas puntuaciones poderá presentarse recurso de alzada, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Jaime García e García

Director xeral de Persoal