Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 87

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, das seguintes obras:

1. Mellora E.P. 5102 A Lamosa-A Franqueira (Covelo-A Cañiza). 40.000.000.

2. Ponte sobre o río Verdugo e acceso E.P. Ponteverdugo-Cambeses (A Lama). 49.917.721.

Clasificación empresarial para as obras de concurso: obra nº 1: grupo G, subgrupo 4, categoría c; obra nº 2: grupo B, subgrupo 2, categoría c; grupo G, subgrupo 3, categoría a.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 20 de decembro de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado