Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Faramontaos.
Situación: Xinzo de Limia.
Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV de 178 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 8 da L.M.T. ó C.T. de Seoane e remata no C.T. proxectado aéreo en Faramontaos, con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas dos CC.TT. aéreo e en caseta de Faramontaos.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto
rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 20 de novembro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense