Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 79

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 20 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición da autorización e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/140-3).

En aplicación dos artigos 125 e 144 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se aproba o regulamento de aplicación da Lei 54/1997, do sector eléctrico, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se indica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Velle-A Batundeira, 2, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., Macendo, Señorín.

Situación: Castrelo de Miño.

Descricións técnicas: modificación das seguintes liñas. Liña a 20 kV aérea ó C.T. Fondo de Vila, con orixe no apoio nº 76 (tramo Rairo I) e remata no apoio proxectado co nº 7 do que parte a derivación para o C.T. Fondo de Vila. Lonxitude: 723 m.

Liña a 20 kV aérea Meizo-derivación Vilela, con orixe no apoio nº 18 (agora nº 1) que serve de derivación ó C.T. Señorín e remata no apoio existente co nº 6 desde o que parte a derivación para o C.T. Vilela e segue ata o C.T. da Bouza. Lonxitude: 850 m.

A declaración de utilidade pública, conforme o artigo 54 da citada lei, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se considera de necesaria ocupación, figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas, no prazo de vinta días a partir

da última publicación ou notificación individual, poderán presentar nesta delegación provincial as alegacións por duplicado, relativas á corrección de erros, limitacións á constitución de servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Decreto 1995/2000) e aqueloutras que se consideren oportunas.

Ourense, 20 de novembro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 01/140. Provincia: Ourense.

L.M.T. Macendo-Señorín.Termo municipal: Castrelo de Miño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

18FonteMonte altoNuria Rodríguez

Rodríguez

r/ Diego Sarmiento, 6 Bis 2º

32005 Ourense

880

20CapillaMonte altoNuria Rodríguez

Rodríguez

r/ Diego Sarmiento, 6 Bis 2º

32005 Ourense

12190

41BGranxaMonte baixoSergio Román Rodríguezr/ República Argentina, 21 7º A

36201 Vigo

5142420

46BCanadeiroViñedoBenito Pousada ÁlvarezSan Pedro-Macendo

32430 Castrelo de Miño

33330

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 01/140. Provincia: Ourense.

L.M.T. Meizo-Derivación VilelaTermo municipal: Castrelo de Miño.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2BAs AirasMonte altoMaría Rodríguez

Rodríguez

Avad. Inglaterra nº 10

Urbanización S. Miguel 1-nº 25

03500 Benidorm-Alacant

464