Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 30

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, por procedemento aberto e trámite ordinario, para a subministración sucesiva de consumibles informáticos. (C.P. 14/2001).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada por Orde do

23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público:

Contratación de subministracións: consumibles informáticos (3 lotes).

Os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran no prego de prescricións técnicas.

Orzamento: 29.024.322 pesetas (174.439,69 euros),

IVE incluído.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite ordinario e anticipado.

Prazo de execución: 24 meses desde a formalización do contrato, en entregas sucesivas, segundo necesidades.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 18 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: 1) Prezo, ata 60 puntos. 2) Calidade e prestación do servicio, ata 40 puntos, distribuídos do modo que se sinala no punto 13 da cara do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares, técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor; rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http://www.sergas.es.

Garantías: provisional: ver punto 11 da cara do prego de cláusulas administrativas. Definitiva: 4% do orzamento base de licitación do lote/s que sexa/n adxudicatario/s.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do vixésimo día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS. XX. do complexo hospitalario, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 15 de novembro de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense

Anuncio.

O Concello de Cervo ten aberto proceso de licitación para contrata-los servicios de explotación das instalacións da cafetería existente nas instalacións do Club Deportivo Río Covo.

Tipo de licitación: 60,10 euros/mes (10.000 pesetas/mes) IVE incluído, mellorable á alza e que terá qeu aboa-lo adxudicatario.

O anuncio de licitación no modelo normalizado publicarase no BOP de Lugo, data a partir da cal comezará a computa-lo prazo para presentar propostas. O prazo é de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do respectivo anuncio de licitación no BOP de Lugo.

En calquera caso, para maior información: teléfono 982 55 77 77. Concello de Cervo (Lugo).

Cervo, 30 de novembro de 2001.

José Insua Pernas

Alcalde

Anuncio.

No BOP número 285, do 14 de decembro de 2001 publícanse integramente as bases xerais e específicas para provisión das prazas recollidas na oferta de emprego público para o ano 2001:

A) Funcionarios de carreira:

a) Acceso libre:

Grupo A (segundo o artigo 25 da Lei 30/1984).

-Escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior. Denominación: arquitecto superior. Nº de vacantes: unha.

B) Persoal laboral:

a) Acceso libre:

1. Director banda e Escola Municipal de Música. Titulación: grao medio ensinanzas musicais. Número de vacantes: unha.

2. Axudante de electricista. Categoría: oficial. Titulación: FP1. Rama: eléctrica. Número de vacantes: unha.

3. Operario brigada de obras. Categoría: oficial 2ª. Titulación: certificado estudios primarios ou equivalente e permiso conducir C1. Número de vacantes: unha.

De conformidade co previsto na base 4ª.1 das xerais o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio no BOE.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP e taboleiro de anuncios do concello.

Ribadeo, 19 de decembro de 2001.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde

Anuncio.

O alcalde do Concello de Viveiro, César Aja Mariño, por medio de Decreto do día 3 de decembro de 2001, aprobou inicialmente o proxecto de estudio de detalle presentado por Manuel Rego Bermúdez, en nome e representación de Construcciones Rego, S.L., para a determinación de aliñacións nun soar da súa propiedade de 491,30 m sito na rúa Misericordia, segundo o proxecto asinado polo arquitecto Jesús Fernández López.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto do plan para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, o expediente sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente no Negociado de Urbanismo e Contratación e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Viveiro, 17 de decembro de 2001.

Justo Vázquez Chao

Alcalde acctal.

Anuncio de concurso, con procedemento aberto, para a contratación do Plan 2000 parques de bombeiros e instalacións de protección civil, 3ª fase.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación do Plan 2000 parques de bombeiros e ins

talacións de protección civil 3ª fase que figuran no anexo, cos orzamentos, garantías e clasificación que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación en horas de 9 a 13 dentro do prazo dos vinteseis días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 20 de decembro de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Plan 2000 parques de bombeiros e instalacións de protección civil 3ª fase.

Denominación

Lugar de execución

OrzamentoAnualidadesPrazo de

execución

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Cee

Parque local de bombeiros e instalacións de protección civil49.235.445 ptas.

295.910,98 euros

Ano 1999: 49.235.445 ptas. 295.910,98 euros

Ano 2000:0,00 euros

Ano 2001:0,00 euros

Ano 2002:0,00 euros

Ano 2003:0,00 euros

10 mesesC-2, 3, 4, 6-dNon se esixe

0,00 euros

4% do prezo de

adxudicación

Resolución do 20 de decembro de 2001 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra pavillón polideportivo municipal en Leirado (Salvaterra).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, da referida obra por importe de 85.138.212 pesetas, IVE incluído.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo 4, categoría c.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 20 de decembro de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

Resolución do 20 de decembro de 2001 pola que se anuncia poxa para a contratación das obras de mellora do trazado E.P. 2203 p.k. 0+500 Baiona-Baredo (Baiona).

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, da referida obra por importe de 19.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 20 de decembro de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado

Anuncio.

Na asemblea xeral de socias de Xiada Textil, S. Coop. Galega, que tivo lugar o día 25 de outubro de 2001, de acordo co establecido nos estatutos e na Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, e co voto favorable da totalidade das socias, acordouse a disolución da cooperativa.

Rianxo, 25 de outubro de 2001.

O consello rector

Rubricado