Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 24

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia,da do 6 de agosto de 2001 da Dirección Xeral de Industria, na que se declara caducada a canteira Lieiro e vintedúas máis.

Por Resolución do 6 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Industria, decláranse caducadas unha serie de canteiras, conforme o disposto no artigo 106, letra d) do vixente Regulamento xeral para o réxime da minería.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, notifícaselles ás persoas que se relacionan no seguinte anexo, as que non se lles puido facer por correo certificado por non ter domicilio coñecido, a caducidade, con base no artigo 106 d) do Regulamento xeral para o réxime da minería, do seu dereito mineiro.

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da publicación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó amparo do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Lugo, 15 de novembro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

CanteiraTitularEnderezo

LieiroLuis Rodolfo Martul López18 de xullo, 32-2º. Lugo

Pena BarreiraElvira Barrera LópezPza. Pío XII, nº 9. Lugo

RoncelloCerámicas del Pino, S.L.Miralla. Cospeito (Lugo)

Picos MirandaLuis Corzo PérezCampogrande. A Rúa (Ourense)

Monte do PedridoJesús Armesto BustoCarrero Blanco, 205-6º B. Lugo

GroselaServicio del Norte, S.A.Antonio Palacios, 26. O Porriño (Pontevedra)

Monte Medela e ErmitañoSilmedesa, S.A.Pza. de Ferrol 6-10 entreplanta. Lugo

A MedaDictino Barrera LópezPenas Forcadas, 15. O Barco de Valdeorras (Ourense)

CobaManuel Carballo GancedoXeneral Sanjurjo, 57-2º. A Coruña

Castro GilManuel Castro GilCastro Gil, 7. Lugo

GuilladePlácido Celeiro AriasXeneral Sanjurjo, 5. Vilalba (Lugo)

PradoÁridos Mondoñedo, S.L.Ramón González. 16-1º C. Ribadeo (Lugo)

SixtoPlácido Celeiro AriasJosé Antonio, 27-1º. Vilalba (Lugo)

ValverdeIndustrias Pérez Curto, S.A.Reboredo s/n. Monforte de Lemos (Lugo)

La LagoaCarlos López OrtiA Lagoa, s/n, Moreda. Monforte de Lemos (Lugo)

Monte CaraceiroLouseiras de Muras, S.A.Muras (Lugo)

EijónCelestino Franco LópezA Pobra de San Xiao. Lugo

La EsperanzaPizarras Forgas, S.A.Estrada do Incio, s/n, A Pobra de Brollón (Lugo)

San LorenzoJuan López VilaSarria (Lugo)

LinaresDragados y Construcciones, S.A.Juan de la Cierva, 27. A Coruña

Riocabo de AbaixoHormigones Lucenses, S.A.Ronda do Carme, 60-62. Lugo

Cotarro de Alvaredo Cerámica La AmericanaXeneral Franco, 96. Ourense

CasteloJ. Aenlle Gómez e outrosRamón Ferreiro, 1-4º dta. Lugo