Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 23

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade do acordo do 27 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para aproveitamento de recursos da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Cruz de la Cancela.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo.

RESOLVE:

Darlle publicidade mediante a presente publicación ó acordo do 27 de setembro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para extracción de áridos do aproveitamento de recursos da sección A) da vixente Lei de minas, denominado Cruz de la Cancela, sita en terreos do concello de Riotorto, provincia de Lugo, promovido por Hergaya, S.A.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 7,71 ha, no lugar chamado Cruz de Cancela, pertencente á parroquia de Meilán, do concello de Riotorto, da cal a designación puntual en coordenadas UTM sería x=637133, y=4803461, aproximadamente. Foi incorporada ó expediente do citado aproveitamento e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 23 de outubro de 2001.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo