Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 13

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

DECRETO 412/2001, do 28 de decembro, polo que se nomea director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia a Francisco Campos Freire.

De conformidade co artigo 10.1º da Lei de Galicia 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, e oído o Consello de Administración desta, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinteoito de decembro de dous mil un.

Nomeo a Francisco Campos Freire director xeral da Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinteoito de decembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo