Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.655

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade 14/2001 convocada por Resolución do 29 de marzo de 2001.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados o presidente e o vocal secretario por esta universidade, e realizado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidadee, convocada por resolución da Universidade de Vigo do 29 de marzo de 2001 (BOE do 20 de abril), e que é a que se relaciona como anexo a esta resolución.

A dita comisión deberase constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidadee, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 23 de novembro de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da universidadee de Vigo

ANEXO

Nº de praza: 14/2001.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería dos procesos de fabricación.

Comisión titular:

Presidente: Fernando Romero Subirón, catedrático de universidade. Universidade Jaume I de Castellón.

Vocal Secretario: Miguel Ángel Sebastián Pérez, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Vocales:

Francisco Javier García-Lomas Jung, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Nazario Muñoz Pereira, profesor titular de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia.

Pedro Rosado Castellano, profesor titular de universidade. Universidade Politécnica de Valencia.

Comisión suplente:

Presidente: José Carlos Rico Fernández, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Vocal secretario: Emilio Gómez García, profesor titular de universidade. Universidade de La Laguna.

Vocales:

Fernando Torres Leza, catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Juan José Aguilar Martín, profesor titular de universidade. Universidade de Zaragoza

Joaquim de Ciurana Gay, profesor titular de universidade. Universidade de Girona.