Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. de C.T. urb. Oseiro III a C.T. Bordeiras. Modificado I.
Situación: Arteixo.
Descricións técnicas: reforma L.M.T.S. a 15/20 kV de 360 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al, desde a L.M.T.A. de Sabón a C.T. urb. Oseiro III expte. 50/96 (substitución de conductor). L.M.T.S. a 15/20 kV de 1.300 m de lonxitude en conductor R.H.V. 240 mm Al, que parte do C.T. urbanización Oseiro III e finaliza no C.T. Bordeiras. Concello de Arteixo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria
e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 12 de novembro de 2001.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial en funcións da Coruña