Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.555

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/459).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 17, 15270 Cee, A Coruña.

Denominación: recuamento C.T. Vista Alegre.

Situación: Outes.

Características técnicas: L.M.T. subterránea de 20 kV, de 18 m de lonxitude que parte da L.M.T. Outes-Muros e finaliza no novo C.T. prefabricado de pe de poste de 250 kVA, denominado Vista Alegre (nuevo) en conductor R.H.V. de 95 mm Al. Concello de Outes.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións