Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de novembro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, polo que se relacionan comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Miragaya Teijeiro, Antonio Javier e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse comprobacións de valores e liquidacións complementarias pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola oficina liquidadora do Distrito Hipotecario de Vilalba en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo na r/ da Pravia, 16-1º, Vilalba, Lugo, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 16 de novembro de 2001.

Gonzalo Vázquez Rivas

Delegado territorial de Lugo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Miragaya Teijeiro, Antonio Javier (32642254-X); Insua, 5, Vilalba (Lugo)Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; exp. 59/99; liquidación nº 000990010381
Miragaya Teijeiro, Antonio Javier (32642254-X); Insua, 5, Vilalba (Lugo)Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados; exp. 58/99; liquidación nº 000990010380