Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/465).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C. e R.B.T. Agronovo.

Situación: Rois e Padrón.

Descricións técnicas: L.M.T. aerosubterránea a 20 kV, de 468 m e 15 m respectivamente en conductor LA-56 e R.H.V. de 95 mm que parte da L.M.T. a C.T. Barro e finaliza no C.T. de pé de poste de Agronovo de 160 kVA. Ramal L.M.T. aérea a 20 kV de 384 m de lonxitude en conductor LA-56, que parte do último apoio da L.M.T. anterior e finaliza no paso a subterráneo da L.M.T.S. a C.T. campo de golf. Concellos de Rois e Padrón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de novembro de 2001.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña en funcións