Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.412

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2001 sobre homologación dos cursos La Catedral de Santiago de Compostela, organizado pola Asociación Cultural Guías de Galicia, e o curso de especialización en Arte Sacro, organizado pola Universidade Pontificia de Salamanca e o Instituto Teolóxico Compostelán.

Ó abeiro do disposto na disposición derradeira primeira, do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxe, guías de turismo e turismo activo, e para os efectos establecidos no artigo 32 do referido decreto, esta consellería resolve homologa-los seguintes cursos: La Catedral de Santiago de Compostela, cunha duración de 30 horas, organizado pola Asociación Cultural de Guías de Galicia, e que terá lugar os días 21 e 26 de xaneiro de 2002, e de especialización en Arte Sacro, que se desenvolverán entre o 29 de novembro de 2001 e o 25 de maio de 2002, organizado pola Universidade Pontificia de Salamanca e o Instituto Teolóxico Compostelán.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo