Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NAVIA DE SUARNA

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 3 de decembro de 2001, o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación da obra que se menciona a continuación, queda exposto ó público polo prazo de oito días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste edicto no BOP de Lugo.

Anúnciase, ó mesmo tempo, a licitación, de conformidade co disposto no artigo 122 do R.D. 781/1986, aínda que a licitación se aprazará no caso de que se presenten reclamacións en contra do prego de condicións:

Título da obra: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Penamil, As Casas do Río, As Salgueiras, Folgueiras, Mera, Muñís e Prebello.

Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Navia de Suarna.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

Obxecto do contrato:

a) Descrición: pavimentación dos accesos ós núcleos de poboación de Penamil, As Casas do Río, As Salgueiras, Folgueiras, Mera, Muñís e Prebello.

b) Lugar de execución: Navia de Suarna.

c) Prazo de execución: catro (4) meses.

Tramitación:

a) Carácter: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

Orzamento base de licitación:

a) O orzamento de execución por contrata ascende a vinteseis millóns setencentas dezanove mil cento cincuenta e nove (26.719.159) pesetas (160.585,38 euros), IVE incluído.

Garantía provisional e definitiva:

Garantía provisional: 534.383 pesetas (3.212 euros).

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Obtención de documentación e información:

Concello de Navia de Suarna. Praza de España, número 1. Localidade: A Proba. Código postal: 27650, teléfono 982 36 51 66, fax: 982 36 51 12, durante os 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no último dos boletíns nos que apareza publicado (DOG ou BOP de Lugo).

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: G-6-d.

Outros requisitos: non se esixen máis requisitos que os establecidos na lei.

Proposicións e documentación complementaria:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no último dos boletíns (DOG ou BOP de Lugo) en que apareza publicado. Se o último día fose sábado ou inhábil, o prazo rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: cláusula 13 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Rexistro de Entrada do Concello de Navia de Suarna, das 9 ás 14 horas.

Apertura de ofertas:

Entidade: Concello de Navia de Suarna.

Domicilio: praza de España, número 1.

Localidade: Navia de Suarna.

Data: 9º día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións, ás 12 horas. Se ó día de apertura coincide con sábado ou inhábil, a apertura celebrarase o primeiro día hábil seguinte.

Gastos de anuncios: todos por conta do contratista.

Navia de Suarna, 3 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado